lunes, 29 de mayo de 2023

ETRADVIGO 2022/2023. Aula de Zanfona.. FOLIADA DE ASÉN. AULA ABERTA/TODOS OS NIVEIS

 

Moi boas, comunidade.

Tedes xa dispoñible a partitura da Foliada de Asén, unha das xotas cantadas máis populares. Esta Foliada é parte do repertorio do Gaiteiro "O Pedrouso" e da Agrupación Compostelá "Cantigas e Agarimos". 

Axeitada para todos os niveis. Reparade na dixitación, ornamentación e articulacións... e non esquezades cantar as coplas! 😊 

 👉A versión transportada a Sol verémola nas aulas sen partitura.

Preme no enlace para a descarga:

Descarga Partitura Foliada de Asén

miércoles, 3 de mayo de 2023

ETRADVIGO 2022-23. Aula Aberta de Zanfona. Muiñeira de Ramelle (Sol m.). Partitura da melodía.



Moi boas, comunidade.

Tedes xa dispoñible a partitura da Muiñeira de Ramelle (Friol, Lugo) en Sol m. para irdes traballando en Aula Aberta. Reparade na dixitación, ornamentación e articulacións.

Preme no enlace para a descarga:

Partitura Muiñeira de Ramelle. Sol m. 

miércoles, 19 de abril de 2023

ETRADVIGO 2022-23. Aula Aberta de Zanfona. Muiñeira de Florencio. Partitura da melodía e harmonía.



Moi boas, comunidade.

Tedes xa dispoñible a partitura da Muiñeira de Florencio (O cego dos Vilares) en Sol M. para irdes traballando en Aula Aberta tanto a melodía como a harmonía. Reparade na dixitación, ornamentación e articulacións, xa que vos han axudar a tocala con velocidade ao final do proceso de aprendizaxe.

Preme no enlace para a descarga:

Partitura Muiñeira de Florencio. Versión para zanfona. Sol M 

martes, 11 de abril de 2023

ETRADVIGO. AULA DE ZANFONA. MUIÑEIRA DO MORRAZO. PARTITURA, VÍDEO.






Aquí vos deixamos os enlaces de consulta e descarga da partitura, vídeo da partitura e enlace a vídeo de Youtube da Muiñeira do Morrazo nº 308 do CMG cun arranxo de Xosé Manuel Fernández. Indicado para AULA ABERTA e máis todos os niveis.


Aula de Zanfona. Partitura MUIÑEIRA DO MORRAZO

Aula de Zanfona. Video da Partitura MUIÑEIRA DO MORRAZO

Aula de Zanfona. Video YouTube Muiñeira do Morrazo

lunes, 9 de enero de 2023

ETRADVIGO 2022-23. AULA ABERTA DE ZANFONA/TODOS OS NIVEIS. Halsway Schottische de Nigel Eaton. Partitura e audio a 3 voces.

 



Aquí tedes a Halsway Schottische de Nigel Eaton. Un tema con moitísimas versións e gravacións. Paga moito a pena aprendela e tocala. Vai unha versión a tres voces en sol maior para facela máis interesante á hora de tocar en grupo.

Nigel Eaton é un dos zanfonistas senlleiros do panorama europeo con moitas composicións interesantes para o instrumento. Podedes buscar tamén info sobre Blowzabella, un grupo histórico británico no que toca Nigel, con décadas de traxectoria e un repertorio de interese para ser escoitado.

Para o alumnado de Aula Aberta // Todos os niveis. 

Vai a 135 BPM para poder traballala a velocidade moderada. Finalmente, tocarémola sobre 150 BPM.

Preme nos enlaces para descargar os arquivos.



Partitura 3 voces. Halsway Schottische


Audio 3 voces. Halsway Schottische de Nigel Eaton


Nigel Eaton toca Halsway Schottische . Vídeo YouTube

viernes, 11 de noviembre de 2022

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO. 2022-23. CURSIÑO: ZANFONA. BORDÓN RÍTMICO. ANXO PINTOS. 25/NOV, 02/DEC. REGRAXE E MANTEMENTO: JAIME REBOLLO 16/DEC. 16:00 a 19:00h






  Aplicación do bordón rítmico por Anxo Pintos. 25/NOV, 02/DEC

A primeira parte será sobre o bordón rítmico a cargo do mestre de zanfona da ETRAD, Anxo Pintos, no que seguiremos a estudar e traballar a execución dos golpes básicos do bordón rítmico con exercicios progresivos para introducir o seu uso e a súa nas melodías. Imprescindible zanfona con can.


Regraxe e mantemento da zanfona por Jaime Rebollo. 16/DEC

A  segunda parte estará dedicada á regraxe e mantemento da zanfona. Impartida polo prestixioso luthier Jaime Rebollo, este tramo do curso afondará no coñecemento da regraxe da túa zanfona para que consigas o mellor rendemento do teu instrumento. O mestre facilitará un kit de materiais necesarios para o seguimento desta parte do curso non incluído no prezo de matrícula cun custe estimado de 25 EUR máx.


AULA 5. 

De 16:00h a 19:00h

Aplicación do bordón rítmico por Anxo Pintos. 25/NOV, 02/DEC

Regraxe e mantemento da zanfona por Jaime Rebollo. 16/DEC.

Matrícula aberta ata o 25/Nov

Prezo curso: 26 EUR. (Gratis para o alumnado 

dos Itinerarios Medio e Avanzado.)

Prezo Kit regraxe: 25 EUR

jueves, 10 de noviembre de 2022

martes, 18 de octubre de 2022