martes, 9 de junio de 2015

miércoles, 3 de junio de 2015

Audio Grixoa en sol



Partitura Grixoa en sol para Romaría do 14/06/2015


Presentación do libro CD “Amadeo Goyanes”. Con Pablo Quintana e Ramón Pinheiro. ETRAD. AUDITORIO MILLADOIRO. Mércores, 3 de xuño de 2015. 20:30hs. Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

En 2015 cúmplese o centenario do nacemento do monfortino Amadeo Goyanes Vázquez e o XX aniversario do seu pasamento. Un momento no que deterse a profundizar no coñecemento dunha figura clave e fundamental na música tradicional galega e particularmente no movemento de rexeneración da zanfona en Galiza, onde foi todo un pioneiro. Por iniciativa de aCentral Folque e grazas ao apoio do Concello de Monforte e da Área de Cultura da Deputación de Lugo púidose dar forma a unha demorada e exhaustiva investigación sobre a vida e a obra de Amadeo levada a cabo polo afamado Pablo Quintana que agora ve a luz. Este traballo na súa forma definitiva de Libro CD “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte” será presentado na ETRAD o vindeiro mércores 3 de xuño ás 20:30.
O resultado é un libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos: partituras editadas para os músicos e especialistas da zanfona e un disco compacto no que se encontran inéditos de Amadeo Goyanes. Ademais deses históricos rexistros, graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG sita en Santiago de Compostela, atendida polo prestixioso zanfonista Óscar Fernández, no que pretende ser unha homenaxe As zanfoneiras de Monforte, a primeira escolanía de Zanfona de Galiza impulsada por Amadeo Goyanes.

Na presentación intervirán o autor Pablo Quintana e o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro. Como feche está prevista a intervención musical da Aula de zanfona da ETRAD.

    
AUDITORIO MILLADOIRO
Mércores, 3 de xuño de 2015
 20:30h
Entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento

martes, 10 de marzo de 2015

Partitura Pasacorredoiras do Choqueiro

Info. XI Encontro Internacional Zona da Zanfona. Zanfona barroca con Tobie Miller. 3-5 de abril. Rianxo. Organiza A Central Folque

Pechadas as datas e programa para o XI Encontro Internacional Zona da Zanfona para a finais de Semana Santa, o venres 3, sábado 4 e domingo de abril. 

Un ano máis en Rianxo, na ría de Arousa. 
A artista convidada será Tobie Miller que estará tamén eses dias facendo concertos noutras vilas galegas. 
O programa do Encontro é concertosbailecurso e presentación dun libro sobre Amadeo Goyanes. 
O curso estará enfocado á zanfona barroca e repertorio francés do 1740-1780. 
en breve, abrirán o prazo de matrícula. 


aCentral FolqueCentro Galego de Música Popular
 Rúa Travesa, 7, 15704. Santiago de Compostela, EU
+34 698 144 852