martes, 7 de noviembre de 2023

ETRADVIGO 2023-24. AULA DE ZAFONA. PARTITURA: CATRO VELLOS JAZZIÑEIROS


Preme no enlace para descargar a partitura do arranxo para conxunto de zanfonas de Catro vellos jazziñeiros, baseado na melodía do cantar: Catro Vellos Mariñeiros.

Para Aula Aberta/Todos os niveis.

Partitura Catro Vellos Jazziñeiros 

lunes, 9 de octubre de 2023

ETRADVIGO 2023-24. AULA DE ZANFONA. Partitura Bourrée de Monfort de Jo Freya. Arranxo a catro voces AULA ABERTA/TODOS OS NIVEIS





Moi boas, comunidade!
Retomamos esta melodía fantástica composta por Jo Freya nun arranxo para conxunto de zanfonas como traballo de Aula Aberta para estas primeiras semanas de curso. A melodía é asequible para todos os niveis. tede en conta que está en La menor. (Bordóns en La e/ou mi. ídem para trompetas.

Clica nos enlaces para a descarga:


Enlace descarga partitura Bourrée de Monfort de Jo Freya

martes, 3 de octubre de 2023

ETRADVIGO 2023/2024. Aula de Zanfona.. DANZAS DE BURGOS. AULA ABERTA/TODOS OS NIVEIS


 Moi boas, comunidade e benvid@s ao novo curso!!!

Tedes xa dispoñible a partitura das Danzas de Burgos, na versión do lendario grupo castellano: La Musgaña.. 

Axeitada para Aula Aberta de Zanfona/todos os niveis. 

Preme no enlace para a descarga:

Partitura Danzas de Burgos

lunes, 29 de mayo de 2023

ETRADVIGO 2022/2023. Aula de Zanfona.. FOLIADA DE ASÉN. AULA ABERTA/TODOS OS NIVEIS

 

Moi boas, comunidade.

Tedes xa dispoñible a partitura da Foliada de Asén, unha das xotas cantadas máis populares. Esta Foliada é parte do repertorio do Gaiteiro "O Pedrouso" e da Agrupación Compostelá "Cantigas e Agarimos". 

Axeitada para todos os niveis. Reparade na dixitación, ornamentación e articulacións... e non esquezades cantar as coplas! 😊 

 👉A versión transportada a Sol verémola nas aulas sen partitura.

Preme no enlace para a descarga:

Descarga Partitura Foliada de Asén

miércoles, 3 de mayo de 2023

ETRADVIGO 2022-23. Aula Aberta de Zanfona. Muiñeira de Ramelle (Sol m.). Partitura da melodía.



Moi boas, comunidade.

Tedes xa dispoñible a partitura da Muiñeira de Ramelle (Friol, Lugo) en Sol m. para irdes traballando en Aula Aberta. Reparade na dixitación, ornamentación e articulacións.

Preme no enlace para a descarga:

Partitura Muiñeira de Ramelle. Sol m. 

miércoles, 19 de abril de 2023

ETRADVIGO 2022-23. Aula Aberta de Zanfona. Muiñeira de Florencio. Partitura da melodía e harmonía.



Moi boas, comunidade.

Tedes xa dispoñible a partitura da Muiñeira de Florencio (O cego dos Vilares) en Sol M. para irdes traballando en Aula Aberta tanto a melodía como a harmonía. Reparade na dixitación, ornamentación e articulacións, xa que vos han axudar a tocala con velocidade ao final do proceso de aprendizaxe.

Preme no enlace para a descarga:

Partitura Muiñeira de Florencio. Versión para zanfona. Sol M 

martes, 11 de abril de 2023

ETRADVIGO. AULA DE ZANFONA. MUIÑEIRA DO MORRAZO. PARTITURA, VÍDEO.






Aquí vos deixamos os enlaces de consulta e descarga da partitura, vídeo da partitura e enlace a vídeo de Youtube da Muiñeira do Morrazo nº 308 do CMG cun arranxo de Xosé Manuel Fernández. Indicado para AULA ABERTA e máis todos os niveis.


Aula de Zanfona. Partitura MUIÑEIRA DO MORRAZO

Aula de Zanfona. Video da Partitura MUIÑEIRA DO MORRAZO

Aula de Zanfona. Video YouTube Muiñeira do Morrazo

lunes, 9 de enero de 2023

ETRADVIGO 2022-23. AULA ABERTA DE ZANFONA/TODOS OS NIVEIS. Halsway Schottische de Nigel Eaton. Partitura e audio a 3 voces.

 



Aquí tedes a Halsway Schottische de Nigel Eaton. Un tema con moitísimas versións e gravacións. Paga moito a pena aprendela e tocala. Vai unha versión a tres voces en sol maior para facela máis interesante á hora de tocar en grupo.

Nigel Eaton é un dos zanfonistas senlleiros do panorama europeo con moitas composicións interesantes para o instrumento. Podedes buscar tamén info sobre Blowzabella, un grupo histórico británico no que toca Nigel, con décadas de traxectoria e un repertorio de interese para ser escoitado.

Para o alumnado de Aula Aberta // Todos os niveis. 

Vai a 135 BPM para poder traballala a velocidade moderada. Finalmente, tocarémola sobre 150 BPM.

Preme nos enlaces para descargar os arquivos.



Partitura 3 voces. Halsway Schottische


Audio 3 voces. Halsway Schottische de Nigel Eaton


Nigel Eaton toca Halsway Schottische . Vídeo YouTube