lunes, 9 de enero de 2023

ETRADVIGO 2022-23. AULA ABERTA DE ZANFONA/TODOS OS NIVEIS. Halsway Schottische de Nigel Eaton. Partitura e audio a 3 voces.

 



Aquí tedes a Halsway Schottische de Nigel Eaton. Un tema con moitísimas versións e gravacións. Paga moito a pena aprendela e tocala. Vai unha versión a tres voces en sol maior para facela máis interesante á hora de tocar en grupo.

Nigel Eaton é un dos zanfonistas senlleiros do panorama europeo con moitas composicións interesantes para o instrumento. Podedes buscar tamén info sobre Blowzabella, un grupo histórico británico no que toca Nigel, con décadas de traxectoria e un repertorio de interese para ser escoitado.

Para o alumnado de Aula Aberta // Todos os niveis. 

Vai a 135 BPM para poder traballala a velocidade moderada. Finalmente, tocarémola sobre 150 BPM.

Preme nos enlaces para descargar os arquivos.



Partitura 3 voces. Halsway Schottische


Audio 3 voces. Halsway Schottische de Nigel Eaton


Nigel Eaton toca Halsway Schottische . Vídeo YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario