Aquí tedes o Prélude da Suite nº1 en SOL Maior de J. S. BACH, escrita para violoncello en 1720. A versión que vos presentamos é unha adaptación para zanfona de dúas oitavas.
Isto tradúcese na presenza de notas coa cabeza en forma de rombo e a nota Do na 1ª liña adicional inferior cunha liña diagonal para indicarnos en ámbolos dous casos que están unha oitava arriba da súa escrita orixinal.
O vídeo da partitura está a 50 BPM para facilitar a aprendizaxe, mais a velocidade de pulso debe chegar a 80 BPM ao final do proceso de estudo.
Accede ao arquivo da partitura aquí:
Aula de Zanfona. AVANZADO. Partitura. Prélude da Suite nº1 J. S. BACH
Descarga o vídeo da partitura aquí:
Aula de Zanfona. AVANZADO. Video da partitura. Prélude da Suite nº1 J. S. BACH
Escoita o audio mp3 do Prélude coa zanfona aquí:
Aula de Zanfona. AVANZADO. mp3. Prélude Suite nº1 BWV1007 Bach.
Visualiza o vídeo da partitura co audio de zanfona na canle de YouTube da ETRAD aquí:
Aula de Zanfona. AVANZADO. Vídeo YouTube da partitura con audio zanfona. . Prélude da Suite nº1 J. S. BACH. Vídeo YouTube
Lembrade dirixir as vosas solicitudes de aula virtual a: etradlearning@gmail.com
Consultas a: consultas.etrad@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario